miércoles 20 de mayo de 2009

En galego, por e para a NOSA lingua...

O tempo pasa...
Nós tratamos ordear todo, mais cando cremos que todo está indo ben algo se torce, algo co que nós non contamos no seu debido momento fai que todo o resto se desmorone, e a partir dese momento, que é o que ten sentido? Todo o que planearamos, todo o tempo invertido no noso propósito deixouno de ter...
Tratamos de sair adiante, tentamos pensar que o que a nós nos preocupa non ten importancia, senón que "deben ser cousas nosas!".
Pero o tempo amosanos que non, non son cousas nosas senon que esa cousa insignificante que tirou por terra todas as nosas esperanzas ademais fixoo conscientemente. Tratounos como un número, como un dato, sen importar as nosas circunstancias... as nosas GRANDES circunstancias que case ninguén entende... as circunstancias que SEMPRE se deberían ter en conta...
"Só somos números e VÓS tedesNOS controlados"

"Solo los peces muertos siguen la corriente"

E nos non estamos por seguila, o que vedes é o que somos e non cambiaremos por como sexa que vos nos vexades.

miércoles 10 de diciembre de 2008

Para pensar...


Cada vez que se lle acercaba comezaba a tremer e era incapaz de articular palabra, os sentimentos desbordábano, e non conseguía reaccionar, por máis que se o propuña a sí mesmo.
Xurábase e perxurábase que o tentaría... aínda que so fose un tímido "ola", mais cada tarde a mesma situación; ela chegaba á cafetería pedía o seu café só e botabase a ler naquel libro de tapas de coiro vermello. El sentado na mesa do lado contemplabaa sen que ela se decatase inmersa na súa lectura.
Pasaban as horas e como unha estrela fugaz rebulía e marchábase sempre as 8 en punto, nin un minuto máis nin un menos.
Pasaban os días por aquela pequena cafetería apartada fronte o mar... e o tempo tan só se paralizaba mentres ela estaba preto, antes de que marchase ás 8 como unha serea. E volvía coa súa marcha a noite e o medo e a inquedanza de que voltase ó día seguinte.
O día chegou e como cada tarde mentres Xaquín lle servía o seu café só comezaron a falar, como se se coñecesen de sempre, como se un non pasase nin un segundo da súa vida sen o outro, esta vez ela non se foi, pasaron as 8 e seguía alí sentada na súa cadeira co libro vermello pechado no seu regazo..
Desde ese día non os voltei ver... tan só recordo que se dirixían da man cara a praia...

sábado 6 de diciembre de 2008

Parabéns! Fabián!

Wadaaa!!

Ruidosos...¿?¿?




Unha noite de agosto en tanxil...
nin máis nin menos...

martes 14 de octubre de 2008

FeliSidaDes!!