Rir… brincar… xogar…
Iso era o normal nos rapaces da súa idade, pero él sempre fora diferente, sempre ía un paso por diante de todo, ata das circunstancias.
Sentíase incomprendido, só…
Vivía nun ambiente de tensión e alerta, as cousas xa non lle afectaban, senón que se limitaba a ver, escoitar e ignorar. Pois para el esta situación era a máis normal do mundo, non estaba de acordo pero non lle quedaba máis remedio que aceptada ou fuxir.
Fuxir…
Pero fuxir non era a solución, todo se ía resolver co tempo, ese tempo que se estancaba facéndose eterno. As horas facíanse anos, e os segundos días, todo seguía igual, el só, e as ameazas, insultos e pelexas continuándose.
Chegou o día, o día en que decidiu deixar de ignorar, para así actuar, o gran día, o SEU gran día. O día no que o rancor o odio e a mesma violencia que observaba se volveu contra o seu agresor.
Tiña tan só 10 anos e a valentía propia dun adulto de, bastoulle con vela tirada no chan, sen sentido, para coller a navalla que seu avó lle regalara e cravarlla no pescozo ó home que dalgunha forma lle dera a vida, desangrándoo como porco en San Martiño.
Un escalofrio recoreulle a espalda pero non se sentía mal, non. Simplemente liberara todo u odio que contiña e toda a rabia. Cando volveu en si correu cara súa nai que seguía tendida no solo, sen respiración, sen un mínimo latexar. Oxalá non se fora, oxalá se quedase con el pois o perigo xa pasara.
Afortunadamente ese neno recapacitou, e agora encontrase recordando momentos da súa infancia e rexistrándoos nunhas páxinas en branco para así, poder atoparlle sentido á súa solitaria vida.
The Defecator ataca
Hace 4 días
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada