miércoles 10 de diciembre de 2008


Cada vez que se lle acercaba comezaba a tremer e era incapaz de articular palabra, os sentimentos desbordábano, e non conseguía reaccionar, por máis que se o propuña a sí mesmo.
Xurábase e perxurábase que o tentaría... aínda que so fose un tímido "ola", mais cada tarde a mesma situación; ela chegaba á cafetería pedía o seu café só e botabase a ler naquel libro de tapas de coiro vermello. El sentado na mesa do lado contemplabaa sen que ela se decatase inmersa na súa lectura.
Pasaban as horas e como unha estrela fugaz rebulía e marchábase sempre as 8 en punto, nin un minuto máis nin un menos.
Pasaban os días por aquela pequena cafetería apartada fronte o mar... e o tempo tan só se paralizaba mentres ela estaba preto, antes de que marchase ás 8 como unha serea. E volvía coa súa marcha a noite e o medo e a inquedanza de que voltase ó día seguinte.
O día chegou e como cada tarde mentres Xaquín lle servía o seu café só comezaron a falar, como se se coñecesen de sempre, como se un non pasase nin un segundo da súa vida sen o outro, esta vez ela non se foi, pasaron as 8 e seguía alí sentada na súa cadeira co libro vermello pechado no seu regazo..
Desde ese día non os voltei ver... tan só recordo que se dirixían da man cara a praia...